Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

RENDABILIDADE EMPRESARIAL A TRAVÉS DO CAPITAL HUMANO

O Concello da Estrada a través da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio e en colaboración coa Asociación Comarcal de Empresarios, organizan unha charla dirixida a persoas autónomas; pemes e empresas en xeral de todos os sectores así como comerciantes e emprendedores e persoas interesadas, baixo o lema " Rentabilidade empresarial a través do Capital Humano".

A mesma terá lugar o vindeiro mércores, 12 de febreiro nas instalacións da Asociación Comarcal de Empresarios da Estrada a partir das 19.30 horas.

A conferencia correrá a cargo do prestixioso experto en diagnose de contextos empresariais, Philippe Vieira.

As persoas interesadas en asistir poden facelo sen necidades de reservar a súa praza.