Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 11 Febreiro 2020 08:28

CONVOCATORIA DE AXUDAS AO ALUMNADO DO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALERÍA DE GALICIA PARA CURSAR ESTUDOS COMPLEMENTARIOS PARA A OBTENCIÓN DUN TÍTULO OFICIAL EN DIRECCIÓN HOTELEIRA NO ESTRANXEIRO

AXENCIA TURISMO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalaría de Galicia para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2019/20, e se procede á súa convocatoria para o curso 2019/20 (código de procedemento TU200B).

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas á matrícula para os/as alumnos/as que, tendo finalizados os estudos do Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras ou Diploma Superior en Xestión Hoteleira do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, vaian realizar estudos complementarios para a obtención dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2019/20 así como efectuar a súa convocatoria para o curso 2019/20 (código de procedemento TU200B).

Ao abeiro desta convocatoria concederanse un máximo de 10 axudas de estudos, cunha contía máxima de 3.000 € por alumno/a, sen que en todo caso, esta cantidade supere o 40 % do importe da matrícula.

Solicitantes
Poderán solicitar estas axudas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos que establece esta resolución e teñan formalizada a matrícula para realizar estudos complementarios para a obtención no curso 2019/20 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

BASES