Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 11 Febreiro 2020 08:22

CONVOCATORIA DE AXUDAS AOS PLANS DE REESTRUCTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA EN GALICIA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
ORDE do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR446A).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia (código de procedemento MR446A Axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia) e realizar a súa convocatoria para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, conforme os requisitos e condicións establecidas para esta medida nas disposicións xerais do ámbito comunitario,
estatal e autonómico e, en particular, no Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do Programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español.

O apoio para esta medida aplicarase ás viñas da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións de vide para calquera das superficies de viña da súa explotación.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación. Así mesmo, no marco do Programa nacional de apoio ao sector vitivinícola 2019-2023 (PASVE 2019-2023) poderán acollerse a estas axudas os futuros viticultores definidos no artigo 2.c) desta orde.

Os plans de reestruturación e reconversión poderán ser de dous tipos:
a) Colectivos, constituídos por un mínimo de 5 persoas viticultoras.
b) Individuais.

Investimentos subvencionables
O apoio á reestruturación e reconversión de viñedos só poderá concederse para unha ou varias das actividades seguintes:
a) A reimplantación de viñas.
b) A reconversión varietal.
c) A mellora das técnicas de xestión de viñas.
As accións de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus baremos estándar de custos unitarios recóllense no anexo VI desta orde.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

BASES