Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 10 Febreiro 2020 08:35

MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO CONVOCA O PROGRAMA DE BOLSAS DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL DE ICEX, ESPAÑA EXPORTACIÓN E INVERSIÓNS

MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO
Orde ICT/100/2020, do 31 de xaneiro, pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de Bolsas de Internacionalización Empresarial de ICEX España Exportación e Investimentos, E. P.E., M

A presente orde ten por obxecto establecer as bases para a concesión das Bolsas de Internacionalización Empresarial de ICEX a persoas físicas con nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea, a fin de realizar un Máster universitario en Xestión Internacional da Empresa ( MBA in International Management) (Fase 0), prácticas na rede de Oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior (Fase I), así como en empresas, entidades ou organismos internacionais dos que España é membro (Fase II).

A finalidade última será a da inserción laboral das persoas bolseiras ofrecéndolles oportunidades profesionais e axudándolles a conseguir empregos estables, cualificados e de calidade.

Sección 1.ª Fase 0: Máster
Máster universitario oficial en Xestión Internacional da Empresa
ICEX asumirá os custos do Máster oficial, excepto o prezo público que se rexerá polo aprobado e publicado mediante resolución da Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Universidades no «Boletín Oficial do Estado», e abonarase directamente polo/a alumno/a.

ICEX concederá unha dotación que se establecerá na convocatoria cun importe máximo de 2.000 euros por beneficiario para afrontar os gastos de aloxamento, transportes e manutención durante o período do Máster oficial.

Sección 2.ª Fase I: Prácticas na rede de Oficinas Económicas e Comerciais de España no Exterior
As prácticas nas Oficinas Económicas e Comerciais durarán un ano, de xaneiro a decembro.

Sección 3.ª Fase II: Prácticas en empresas, entidades ou organismos internacionais.

BASES