Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 10 Febreiro 2020 08:21

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A PARTICIPACIÓN DE PERSOAS ESCRITORAS, ILUSTRADORAS E TRADUTORAS NAS ACTIVIDADES QUE SE REALICEN NO SECTOR DO LIBRO NO 2020

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
ORDE do 8 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nas actividades que se realicen no sector do libro no 2020, e se procede á súa convocatoria para o dito ano (código de procedemento CT221A).

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde, as persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega, que cumpran, ademáis, os seguintes requisitos debidamente acreditados:
a) Terse inscrito, e asistido a nunha actividade subvencionable realizada no sector do libro no prazo establecido na presente convocatoria.
b) Que acrediten o desenvolvemento do seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega.
c) Ter publicado obra en Galicia ben como persoa escritora, ilustradora ou tradutora, para a que se solicita a subvención, nos tres anos anteriores á publicación da presente orde.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación de esta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de outubro de 2020 (inclusive).

BASES