Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 10 Febreiro 2020 08:14

CONVOCATORIA DE 33 BOLSAS DE FORMACIÓN EN BIBLIOTECONOMÍA MEDIANTE A FORMACIÓN APOIADA POR TITORES/AS EN DIVERSOS CENTROS BIBLIOTECARIOS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
ORDE do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios (código de procedemento CT233A).

As persoas bolseiras recibirán a súa formación nas seguintes bibliotecas públicas: Biblioteca de Galicia, Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, Biblioteca Pública de Lugo, Biblioteca Pública de Ourense, Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel e Biblioteca Pública Municipal de Ferrol (Central).

As bolsas terán unha duración máxima total de sete meses, contados desde a data de incorporación que estableza a Dirección Xeral de Políticas Culturais, e poderán ser prorrogadas dependendo do informe favorable do titor responsable e da existencia de crédito adecuado e suficiente para o seu financiamento.

O número de horas diarias de formación será de 7.

O importe individualizado de cada bolsa será de 930,00 € brutos mensuais.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

BASES