Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 07 Febreiro 2020 08:34

CONVOCATORIA DE AXUDSA PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN DE PROFESIONAIS DE ALTA CUALIFICACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE I+D+I E TRANSFERENCIA NAS EMPRESAS E ORGANISMOS DE INVESTIGACIÓN EN GALICIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Talento Sénior), e procédese a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN858A).

Poderán ser beneficiarias destas axudas:
a) As empresas, de calquera tamaño, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia.
b) Os organismos de investigación públicos non universitarios ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia, tendo en conta que quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+d+i.

Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as contratacións de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia, que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2020 ata o 1 de outubro de 2020, ambas inclusive, coas seguintes características:

a) As actividades de I+D+i que realice o persoal de alta cualificación contratado deberán desenvolverse en centros de traballo da comunidade autónoma de Galicia e estar aliñadas cos retos e as prioridades estratéxicas establecidas na RIS3 para Galicia (Anexo IV).
b) O contrato de traballo que se formalice poderá ser indefinido ou de duración determinada mínima de 36 meses e deberá ser a tempo completo.
c) A retribución salarial anual bruta a percibir por cada profesional de alta cualificación contratado deberá figurar expresamente no contrato e non poderá ser inferior a 40.000 euros.

A contía da axuda en concepto de incentivo á contratación variará en función da retribución bruta do persoal de alta cualificación por cada contrato indefinido ou de duración igual ou superior a 3 anos, coas seguintes características:

Para empresas:
– Salario mínimo bruto entre 40.000 e menos de 50.000 €.
– Intensidade de axuda: 40%.
– Salario mínimo bruto desde 50.000 e menos de 60.000 €.
– Intensidade de axuda: 45%.
– Salario mínimo bruto desde 60.000 e menos de 70.000 €.
– Intensidade de axuda: 50%.
– Salario mínimo bruto superior a 70.000 €.
– Intensidade de axuda: 55%.

Para organismos de investigación públicos non universitarios ou privados:
– Salario mínimo bruto entre 40.000 e menos de 50.000 €.
– Intensidade de axuda: 45%.
– Salario mínimo bruto entre 50.000 e menos de 60.000 €.
– Intensidade de axuda: 50%.
– Salario mínimo bruto entre 60.000 e menos de 70.000 €.
– Intensidade de axuda: 55%.
– Salario mínimo bruto superior a 70.000 €.
– Intensidade de axuda: 60%.

Cada entidade poderá solicitar a axuda para ata un máximo de 2 contratos, tendo en conta que a primeira contratación concederanse por orde de puntuación de acordo cos criterios de valoración establecidos no artigo 17.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BASES