Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 07 Febreiro 2020 08:28

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN DE PERSOAL TECNÓLOGO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE I+D+I NAS EMPRESAS E ORGANISMOS DE INVESTIGACIÓN EN GALICIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN848C).

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

a) As empresas, de calquera tamaño, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia.
b) Os organismos de investigación públicos ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia, tendo en conta que quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i.

Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as contratacións de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i, que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2020 ata o 1 de novembro de 2020, ambas inclusive, coas seguintes características:

a) As actividades de I+D+i que realicen o persoal contratado deberán desenvolverse en centros de traballo da comunidade autónoma de Galicia e estar aliñadas cos retos e as prioridades estratéxicas establecidas na RIS3 para Galicia (Anexo III).

b) A contrato de traballo que se formalice poderá ser indefinido ou de duración determinada mínima de 12 meses. Ademais, deberá respectar o grupo de cotización correspondente á titulación da persoa contratada, segundo a táboa do punto 2 deste artigo.

c) A retribución salarial anual bruta a percibir por cada persoa tecnóloga contratada deberá figurar expresamente no contrato e non poderá ser inferior a 19.000 euros.

A contía da axuda en concepto de incentivo que percibirán as entidades beneficiarias será de 10.000 euros por cada persoa contratada. Esta contía incrementarase en 1.000 euros no caso de solicitar o bono de formación.

Cada entidade poderá solicitar a axuda para ata un máximo de 3 contratos, tendo en conta que a primeira contratación concederase por orde de puntuación de acordo cos criterios de valoración establecidos no artigo 16.

As restantes contratacións solicitadas poderán concederse, por orde de puntuación, sempre que exista crédito orzamentario e unha vez esgotada a lista de contratacións solicitadas segundo o recollido no parágrafo anterior.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BASES