Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 07 Febreiro 2020 08:18

CONVOCATORIA DOS PREMIOS FIN DE CARREIRA PARA O ALUMNADO QUE REMATOU OS SEUS ESTUDOS DE ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no ano 2019 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G).

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores conducentes a unha titulación superior de ensinanzas artísticas no curso 2018/19, nos centros dependentes da Xunta de Galicia (código de procedemento ED311G).

Estes premios, ademais de ter asignada unha dotación económica, supoñen un recoñecemento de carácter oficial para o alumnado que conta co mellor expediente académico de entre as persoas solicitantes.

Poderanse conceder ata seis premios coa seguinte distribución:

  • 2 premios nas ensinanzas superiores de Música,
  • 2 premios nas ensinanzas superiores de Deseño,
  • 1 premio nas ensinanzas superiores de Arte Dramática, e 1 premio nas ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

Só se poderá recibir un premio por persoa. Na simultaneidade de estudos superiores de ensinanzas artísticas no caso de que unha persoa resulte seleccionada en máis dun deles, deberá escoller en cal desexa recibir o premio.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BASES