Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 04 Febreiro 2020 09:12

XUNTA DE GALICIA CONVOCA O BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS 2020

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
ORDE do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa do bono das persoas autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341Q).

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TR341Q), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2018.

As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.
b) A empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído na declaración referida ao ano 2018.
c) A empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano 2018 realizada inferior a 30.000 euros (segundo a casilla 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas este importe de 30.000 euros refirirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou
comunidade de bens.

Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade a subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.

Esta axuda terá dúas liñas de actuación:

Liña 1 mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:
• Investigación de mercado.
• Plan de márketing
• Plan de comunicación do negocio.
• Plan estratéxico do negocio.
• Plan crecemento: constitución sociedade.
• Plan de reorientación do negocio.
• Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio.
• Plan de refinanciamento.

Tamén se poderán subvencionar outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.

Así mesmo, poderá ser computable como gasto subvencionable o pagamento do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape a través do programa ReAcciona na súa convocatoria para o exercicio de 2020 e sucesivas por parte das persoas traballadoras autónomas.

Liña 2 mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:
• Compra de Maquinaria.
• Compra de utillaxe e ferramentas.
• Reforma do local do negocio.
• Equipos informáticos.
• Rótulos.
• Aplicacións informáticas e páxinas web.
• Creación logotipo do negocio.
• Mobiliario.

Na solicitude de axudas, as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran. No caso de solicitar axudas da liña 1 e da liña 2, atenderase en primeiro lugar a liña 1 e despois a liña 2 co límite máximo de 3.000 € de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.

No caso de reforma do local do negocio exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.

As solicitudes presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte o da publicación desta orde no DOG.

BASES