Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 03 Febreiro 2020 08:40

CONVOCATORIA DE AXUDAS DO BONO RENOVA NOS NEGOCIOS DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

Convocatoria de axudas do bono renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas

Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai
transmitir o seu negocio por cese, e que no momento da transmisión estea nalgunha das
seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:
a) Que teñan 60 anos ou máis.
b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da seguridade social.
c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio.

2. Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA) tras a súa adquisición.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2020

BASES