Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 03 Febreiro 2020 08:36

CONVOCATORIA DE AXUDAS DO BONO NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS AUTÓNOMAS E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2020

Convocatoria de axudas do bono nova oportunidade das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020

Serán persoas beneficiarias das axudas deste programa as persoas que se dean de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime
especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional no período do 1 de xaneiro ao 30 de setembro de 2018 e cesaran con anterioridade na
súa actividade causando baixa na seguridade social ou na mutualidade correspondente e no imposto de actividades económicas (IAE) por causas económicas e que cumpran os
seguintes requisitos na data da solicitude ou data de inicio de actividade segundo o modelo 036 ou 037 para as persoas que xa se deran de alta antes da solicitude:
a) Que o cese da actividade se producira con seis meses de antelación polo menos.
b) Que teña cotizado ininterrompidamente polo menos durante 18 meses nos últimos
5 anos ou de xeito alterno 36 meses nos últimos 10 anos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
c) Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego polo menos 6 meses seguidos. Carecer de ocupación efectiva e non ter contrato laboral en vigor
segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.
d) Darse de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio
profesional desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 30 de setembro de 2018.
e) Realizar unha formación de mínimo 60 horas sobre formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co
negocio a emprender e así se xustifique.
f) Que as persoas desempregadas teñan o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolvan a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

A presentación da solicitude supón un compromiso de emprendemento e de formación de polo menos 60 horas.

BASES