Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 31 Xaneiro 2020 08:13

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA ABRE PRAZO DE SELECCIÓN DE EMPRESAS COLABORADORAS NA XESTIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA A POSTA EN MARCHA DO PLAN DE TRANSICIÓN A UNHA MOBILIDADE EFICIENTE

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2020 (códigos de procedemento IN421T e IN421U).

Poderán ser entidades colaboradoras os concesionarios ou puntos de venta cuxo epígrafe da sección primeira das tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa 615.1 Comercio ao por maior de vehículos, motocicletas, bicicletas e os seus accesorios, ou 654.1 comercio polo miúdo de vehículos terrestres.

As entidades colaboradoras teñen que ter o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia .

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 30 de setembro de 2020 e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).

BASES