Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 28 Xaneiro 2020 09:24

CONVOCATORIA DE AXUDAS AO ALUMNADO DAS UNIVERSIDADES GALEGAS PARA ESTADÍAS NALGÚN ESTO MEMBRO DA UNIÓN EUROPEA DURANTE O VERÁN DO 2020 CO OBXECTO DE COÑECER A LINGUA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 22 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2020, co obxecto de coñecer a lingua dese país (código de procedemento ED416A).

Período e dotación da axuda

1. As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2020, ambos incluídos.

2. A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 13 de marzo de 2020.

BASES

Se algunha persoa precisa apoio na tramitación desta axuda pode dirixirse ao departamento de emprego do Concello da Estrada, ben de forma presencial ou chamando ao 986 677 740.