Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 27 Xaneiro 2020 12:37

CONVOCATORIA DAS BOLSAS MASTER MIND FLANDES

Se tes un bo expediente académico, excelente nivel de inglés e apetéceche estudar un máster en Flandes ou Bélxica, o Goberno de Flandes pon á túa disposición o programa de bolsas Master Mind Flandes, do que poderán beneficiarse 30 estudantes internacionais.

Acéptanse solicitudes en todas as universidades flamencas (Universidade de Lovaina, Anveres, Gante, Hasselt e Vrije Universiteit Brussel) e as Escolas de Artes e a Academia Marítima de Anveres. Os estudantes non poden presentarse directamente, senón que as solicitudes deben ser presentadas pola institución onde van desenvolver o seu máster.

A bolsa é de 8.000 euros por curso académico, que se entregan en varias cotas repartidas ao longo do ano. Existen a posibilidade de renovar a bolsa por un segundo ano se o programa así o require. Así, en función do tipo de máster elixido establécese a duración da bolsa nun ano (para másteres cunha carga lectiva de 60 ECTS) ou dous anos (120 ECTS). As axudas tamén inclúen os gastos da matrícula anual.

  • Cómo solicitar unha Bolsa Master Mind en Flandes

Para acceder a estas bolsas as persoas interesadas deben contar cunha carta de admisión da institución onde pensan facer o máster. Á hora de entregar a bolsa tamén se terá en conta a nota do expedienten académico.

Ademais, os/as candidatos/as deben posuír un alto nivel de inglés, cunha certificación que demostre unha nota media mínima de 7 no exame IELTS, unha puntuación mínima de 94 puntos nunha proba TOEFL ou un nivel C1 do Marco Común Europeo de Referencia, se se vai a realizar un máster nunha universidade. Se se solicita un máster nunha escola de artes, solicítase un 6,5 no exame IELTS, un 90 en TOEFL ou un B2 do Marco Común Europeo de Referencia.

Non se poderán presentar como candidatos/as os/as alumnos/as admitidos/as nun programa Erasmus+ en Flandes, nin quen xa estean inscritos/as nunha institución de educación superior flamenca.

Ademais da súa solicitude aceptada, os/as estudantes deben presentar unha carta de motivación escrita en inglés, dúas cartas de recomendación de profesores/as da universidade de orixe, copia dos diplomas adquiridos polo/a alumno/a e tres razóns que motiven a presentación da solicitude da bolsa.

O prazo para presentar as solicitudes na institución anfitrioa varía en función da elixida pola persoa candidata, mentres que a data límite para a solicitude da bolsa conclúe o 30 de abril. A selección realizarase en maio, o anuncio dos resultados será en xuño e a partir de setembro comezará o desprazamento cara á institución elixida.

BASES