Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 27 Xaneiro 2020 08:49

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A FORMACIÓN NO ÁMBITO DO TRANSPORTE POR ESTRADAS

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
ORDE do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2020 (tramitación anticipada) (código de procedemento IF318A).

Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nesta orde, as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios/as de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que teñan xustificado ante a Dirección Xeneral de Mobilidade, con anterioridade á data de publicación desta orde, a súa representatividade no marco do sector profesional, para os efectos do regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Comité Galego de Transporte por Estrada e se regula o Rexistro de Asociacións Profesionais de Transportistas e de Empresas de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte,
participen ou non de xeito efectivo no referido órgano de representación.

As entidades referidas terán que ter acreditada unha representatividade que lles outorgue ou poida outorgar, cando menos, un vinte e cinco por cento dos dereitos de voto correspondentes ao ámbito provincial en que desenvolven a súa actividade ou, alternativamente, un quince por cento, no ámbito do conxunto da Comunidade Autónoma.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

BASES