Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 24 Xaneiro 2020 09:00

APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE PRÉSTAMOS DIRECTOS PARA O FINANCIAMENTO EMPRESARIAL EN GALICIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2019 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

  • As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha das seguintes liñas de préstamos: préstamos para investimentos estratéxicos,
  • préstamos para financiar investimentos en elementos de transporte de mercancías por estrada propulsados por motores de combustibles alternativos,
  • préstamos para financiar investimentos en infraestruturas de uso compartido e desenvolvemento de proxectos en Galicia por parte de centros tecnolóxicos e asociacións empresariais e préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval.

Poderán ser beneficiarios aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo I das bases reguladoras.
c) Acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.
2. Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no Anexo I das bases reguladoras, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas, agrupacións e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior apartado 1.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de decembro 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

BASES