Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 24 Xaneiro 2020 08:43

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLEMENTAR A IGUALDADE LABORAL, A CONCILIACIÓN E A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL PARA O ANO 2020

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
ORDE do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR357C, TR357D e TR357B).

Esta orde de convocatoria estrutúrase en tres liñas de axudas:

  • Liña I: Elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C) nos termos e nos ámbitos definidos no artigo 68 do Decreto lexislativo 2/2015 do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, tanto de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa.
  • Liña II: Conciliación (TR357D) que, á súa vez, comprende tres subliñas:

Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: Incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.
Subliña II. 2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción
de acordos laborais de flexibilidade horaria.
Subliña II.3. Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á
conciliación da vida familiar e laboral.

  • Liña III: Certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: Empresa Familiarmente Responsable-EFR (conciliación), Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Globlal Compact (Pacto Mundial); ISO 19600, SGE 21, Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente), SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), Certificación Empresa saudable, asi mesmo Selo Horarios Racionais (SHR).

Beneficiarias
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras.
No caso da liña I (Plans de Igualdade) terán que contar como mínimo con 10 persoas traballadoras.

Contías das axudas
a) Ata o 80 % dos custos que leve consigo o proceso de diagnose previa da empresa cun máximo de 3.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 5.000 € nos demais supostos.
b) Ata o 80 % dos custos derivados da elaboración dun plan de igualdade, cun máximo de 1.500 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 3.000 € nos demais supostos.
c) Ata o 80 % dos custos derivados da implantación das medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade cun custo máximo de 1.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 2.000 € nos demais supostos.
d) Unha contía de 12.000 € pola contratación como mínimo dun ano dunha persoa experta en igualdade.

O prazo para a presentación de solicitudes será de un mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

BASES