Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 23 Xaneiro 2020 09:14

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA ABRE PRAZO DE SELECCIÓN DE EMPRESAS COLABORADORAS NA XESTIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES PARA USO TÉRMICO E PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA DIRIXIDAS A PARTICULARES

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico e para proxectos de enerxía fotovoltaica, destinadas a particulares, para o ano 2020 (código de procedemento IN421N)

Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os/as empresarios/asindividuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade  Autónoma de Galicia e acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria:
a) Para a xestión de subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico, como empresas de instalacións térmicas en edificios (código de procedemento IN609E).
b) Para a xestión de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, como empresas con actividade de instalación de baixa tensión (código de procedemento IN609A).

Na súa relación co Inega, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
a) Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.
b) Desenvolvemento das accións vinculadas á convocatoria.
c) Xustificación da axuda ante o Inega.

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras será de cinco (5) días hábiles, a partir do 24 de xaneiro de 2020 incluído, desde as 9.00 horas. Para solicitar a súa adhesión terán que cubrir e presentar o formulario de adhesión (anexo I).

BASES