Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 23 Xaneiro 2020 09:02

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA ABRE PRAZO DE SELECCIÓN DE EMPRESAS COLABORADORAS NA XESTIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN, MELLORA E AMPLIACIÓN DE PEQUENAS INFRAESTRUCTURAS PARA PROXECTOS DE BIOMASA

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2020 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (códigos de procedemento IN421H e IN421I).

As entidades colaboradoras contarán cun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para solicitar a súa adhesión, cubrindo e confirmando o formulario de adhesión (anexo II).

Para os efectos destas axudas, poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais, sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención e colaborarán na xestión desta e sen que isto implique a entrega e distribución dos fondos públicos aos beneficiarios, que recibirán o importe da axuda directamente do Inega. Así, serán as encargadas da venda, promoción e instalación dos equipamentos indicados no artigo 3

Na súa relación co Inega, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
a) Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.
b) Desenvolvemento das accións vinculadas á convocatoria.
c) Xustificación da axuda ante o Inega.

Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria como empresas de instalacións térmicas en edificios.

BASES