Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 22 Xaneiro 2020 08:30

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES E DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE PRODUCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2020 (código de procedemento IN421L).

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios/as autónomos/as que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector de produción agrícola primaria.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións
consumidoras de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas na alínea anterior.

A contía da axuda será do 35 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 100.000 euros por proxecto e de 300.000 euros por empresa, salvo no suposto de instalacións de autoconsumo colectivo, en que se establece unha axuda máxima de 500.000 euros por proxecto e de 500.000 euros por empresa. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 10 de febreiro de 2020, ás 9.00 horas, e concluirá o 15 de maio de 2020, ás 23.59 horas.

BASES