Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 22 Xaneiro 2020 08:17

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS TAXIS ADAPTADOS A PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
ORDE do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi ECO, e se convocan para o exercicio 2020, mediante tramitación anticipada (código de procedemento IF303A).

O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas a persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi do tipo ECO

Con cargo a esta orde será subvencionable a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida, que reúnan as seguintes condicións:
a) Deben estar adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida.
Para estes efectos, os vehículos deberán reunir as condicións previstas no Real decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan os requisitos básicos de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade.

b) Os vehículos deberán ser adquiridos, dentro dos prazos fixados na orde.

c) En ningún caso se admitirán como subvencionables os vehículos de segunda man.

Tamén serán subvencionables con cargo a esta orde os vehículos taxi de tipo cero emisións e ECO, que reúnan as seguintes condicións:
a) Deberán estar clasificados oficialmente nestas categorías pola Dirección Xeral de Tráfico de acordo co disposto na Orde PCI/810/2018, do 27 de xullo, pola que se modifican os anexos II, XI e XVIII do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro.

b) Os vehículos deberán ser adquiridos dentro dos prazos fixados na orde.

c) En ningún caso se admitirán como subvencionables os vehículos de segunda man.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes.

A contía total máxima asígnase inicialmente segundo a seguinte repartición, para as tres liñas obxecto de axuda:
– Liña para taxi adaptado (Eurotaxi): 150.000 euros.
– Liña para taxi de cero emisións: 120.000 euros.
– Liña para taxi ECO: 80.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 14 de outubro de 2020.

BASES