Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 20 Xaneiro 2020 09:11

CONVOCATORIA DAS AXUDAS APROL ECONOMIA SOCIAL

Xa están publicadas, no DOG do 10 de xaneiro, as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol - economía social) para o ano 2020.

O obxectivo deste programa é fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais a través de dous tipos de axudas:

  • Programa I: fomento da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo a cooperativas ou sociedades laborais, con axudas a partir dos 6.000 €, que se poderán incrementar ata un 175%.
  • Programa II: fomento do acceso,

- á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo.
- de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas.
Mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que debe desembolsarse para a dita incorporación.

Prazo: ata o 30 de setembro de 2020.

Amplía información descargando o folleto ou consultando a convocatoria: https://lnkd.in/eXjGuXd

E non esquezas que contas coa Rede Eusumo para calquera consulta ou asesoramento relacionado coa economía social: http://www.eusumo.gal/