Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 17 Xaneiro 2020 10:10

CONVOCATORIA DE PRÁCTICAS REMUNERADAS NA COMISIÓN EUROPEA

Como cada mes de xaneiro, un ano máis, a Comisión Europea volve anunciar novas vacantes de prácticas. Nesta ocasión, ábrese o período de solicitude para todas aquelas persoas candidatas que desexen incorporarse ás prácticas o próximo 2 de marzo de 2020.

E é que a Comisión Europea organiza dúas veces ao ano períodos de formación específicos de cinco meses de duración, destinados a graduados/as universitarios/as que estean interesados/as en aprender sobre o funcionamento e o traballo desta institución europea.

O obxectivo destas prácticas é proporcionar ás persoas bolseiras os coñecementos prácticos sobre o funcionamento dos departamentos da Comisión, de tal forma que poidan adquirir experiencia persoal a través dos contactos realizados no curso do seu traballo diario.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, todas as prazas de prácticas dispoñibles atópanse en Bélxica ou Luxemburgo, e están remuneradas cunha contía mensual de 1.220 euros máis o reembolso dos gastos de viaxe para cada bolseiro/a.

Cómo acceder ás prácticas da Comisión Europea?

Para postularse a unha destas vacantes de prácticas é necesario cumprir unha serie de requisitos, como ser cidadán/a dun estado membro da Unión Europea, así como completar o primeiro ciclo dun curso de educación superior (educación universitaria), e obter un título completo ou o seu equivalente na data de peche das solicitudes.

Así mesmo, as persoas bolseiras non poden completar unhas prácticas noutra institución ou organismo da Unión Europea, nin tampouco poden traballar durante máis de 6 semanas ou 42 días en calquera institución europea, organismo da UE, axencia executiva da UE, delegacións da UE ou para membros do Parlamento (eurodeputados/as).

Os/as interesados/as en participar deben encher o impreso de solicitude a través da páxinaweb da Comisión Europea antes do próximo 31 de xaneiro, día en que finaliza o período de solicitude destas vacantes de prácticas na Comisión Europea.