Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 17 Xaneiro 2020 10:03

CONVOCATORIA DE 100 BOLSAS BEATRIZ GALINDO PARA ATRAER TALENTO INVESTIGADOR A ESPAÑA

As axudas Beatriz Galindo buscan traer a España tanto a investigadores/as estranxeiros/as como a persoas españolas que se atopan fóra das nosas fronteiras.

A Secretaría de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación anunciou a convocatoria de 100 axudas Beatriz Galindo para 2020. Estas axudas, que se enmarcan no Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020, teñen como fin atraer o talento daquelas persoas, tanto españolas como estranxeiras, que están a realizar o seu labor profesional de docencia e/ou investigación fóra das nosas fronteiras.

O prazo de solicitudes ábrese o próximo 10 de febreiro e manterase ata o 25 de marzo de 2020. Para poder solicitar unha das axudas deben cumprimentarse os formularios que o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades vai facer accesibles na súa sede electrónica.

As universidades públicas españolas poderán solicitar ata un total de cinco bolsas. O proceso de valoración das solicitudes articularase nunha soa fase, na que un panel internacional de expertos/as realizará dúas avaliacións para determinar as persoas investigadoras ás que se concede a bolsa.

A obtención dunha axuda Beatriz Galindo senior requirirá unha cualificación da primeira avaliación da solicitude da universidade igual ou superior aos 80 puntos sobre 100. O/a docente e/ou investigador/a deberá acreditar unha experiencia, como máximo, de sete anos no estranxeiro, a contar desde a obtención do título de Doutor/a. No caso da axuda Beatriz Galindo junior requirirase unha cualificación mínima de 70 puntos sobre 100.

As solicitudes deben presentarse en inglés e en español, e a extensión dos proxectos non poderá ser superior a 11.000 palabras.

Os criterios de avaliación terán en conta o proxecto de necesidade docente da universidade e o proxecto de necesidade de investigación e transferencia do coñecemento realizando polo investigador/a, así como o proceso para seguir pola Universidade para integrar ao docente e/ou investigador/a dentro do seu persoal, e o impacto para a universidade. Tamén se terá en conta o currículo do/a investigador/a, o seu proxecto e o impacto na súa formación, empregabilidade ou traxectoria académica e profesional.

O contrato de investigador/a distinguido/a terá unha duración de catro anos. En canto á contía, na modalidade senior será de 65.000 euros achegados polo Ministerio e 25.000 por parte da Universidade. Na modalidade junior, o Ministerio achegará 35.000 euros e 15.000 a Universidade. 

BASES