Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 14 Xaneiro 2020 08:43

CONVOCATORIA DE 12 BOLSAS FULBRIGHT PARA MASTER EN EEUU

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades fixo pública a convocatoria de 12 axudas, dentro do programa  Fulbright, para cursar estudos de máster en universidades e institucións de Educación Superior en EE. UU. Estas bolsas inclúen unha contía mensual de 2.200 euros, a matrícula e taxas académicas por un importe máximo de 20.000 euros, unha axuda de 1.500 euros para gastos de viaxe de ida e volta, e un seguro de accidentes e de asistencia sanitaria.

As axudas están dirixidas a persoas licenciadas, graduadas, enxeñeiras e arquitectas e pretenden fomentar a realización de estudos de máster en calquera ámbito de coñecemento. A concesión das bolsas está supeditada á acreditación previa da carta de admisión na universidade ou institución de destino.

Este programa de axudas non contempla programas de máster cuxo primeiro curso fíxose fóra de EE. UU., nin tampouco programas a tempo parcial, non presenciais ou a distancia. Así mesmo, o goce da bolsa, que ten unha duración de 12 meses prorrogable a outros 12, é incompatible con outra bolsa, axuda ou retribución.

Requisitos para acceder ás Bolsas Máster Fulbright

As persoas beneficiarias deben posuír nacionalidade española ou de calquera outro país da UE con residencia en España. Así mesmo, os/as solicitantes que cursasen graos deberán acreditar un mínimo de 240 créditos. Para todas as titulacións deberase acreditar unha nota superior a 7 puntos.

Os/as beneficiarios/as non deben gozar de bolsas ou axudas para a realización de estudos de Máster no estranxeiro por un período superior a 12 meses. Tampouco debe finalizar un doutoramento, nin ser beneficiario/a dunha bolsa Fulbright de ampliación de estudos de posgrao. Ademais, debe contar con coñecemento do idioma inglés. Tamén ten que solicitar a admisión para os estudos de máster nunha universidade ou institución de Educación Superior de EE. UU.

Entre a documentación que teñen que presentar as persoas interesadas está a memoria dos estudos que queren realizar, o currículo e unha certificación académica oficial. Os/as alumnos/as que pasen á seguinte fase deben ter boas referencias académicas ou profesionais. Ademais, someteranse a unha entrevista persoal.

O prazo de presentación das solicitudes será do 16 de xaneiro ata o 5 de febreiro.

BASES