Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 13 Xaneiro 2020 13:07

A NAFO CONVOCA UN PROGRAMA DE PRÁCTICAS EN CANADÁ

O programa de prácticas da Organización de peixerias do Atlántico Noroeste (NAFO) permite as/aos estudantes e graduados/as dos países membros da NAFO gozar dunha oportunidade para mellorar as súas habilidades e a súa experiencia, así coma de aprender sobre a NAFO e as súas actividades.

As persoas bolseiras traballarán na Secretaría da NAFO en Dartmouth, NS, Canadá.

Requisitos
As persoas  solicitantes deben ser cidadáns dun país membro da NAFO e do sector académico ou gobernamental, ter un mínimo de un título universitario, moi bo dominio falado e escrito da lingua inglesa, un bo coñecemento da informática e demostrar iniciativa persoal.

Postos
Baixo a supervisión do Secretario Executivo, os/as bolseiros/as traballarán en proxectos da Secretaría relacionados cos seus intereses profesionais as súas necesidades de desenvolvemento. As/os bolseiros/as pódeselles asignar unha ampla variedade de tarefas relacionados con varios aspectos de:

  • A xestión da pesca
  • A ciencia pesqueira
  • Bases de datos administrativo, coordinación de reunións, publicacións
  • Outras actividades da NAFO delegadas polo Secretario Executivo.

Lugar
Dartmouth, NS, Canada

Prazos de solicitude
A finais de inverno/principios de primavera
A finais de verán/principios de outono
Outro ( por favor especifique)

Duración e contía
Por un período de ata un máximo de 3 meses, NAFO proverá unha cuantía de CDN $1,750 por mes. NAFO non será responsable da cobertura dos custos de viaxe cara a ou desde o lugar de residencia, gastos de desprazamento nin custo do seguro médico. Os candidatos son responsables do
seu propio aloxamento.

Proceso de selección
1. Aléntase aos países membros da NAFO para tomar medidas adicionais para dar a coñecer o Programa de Pasantes da NAFO dentro dos seus países.
2. As persoas solicitantes deben completar o formulario de solicitude e describir os seus intereses e cualificaciones e proporcionar un currículo vitae no que se describa a súa experiencia académica e laboral, así como as súas referencias profesionais.
3. O Secretario Executivo da NAFO examinará aos solicitantes e seleccionará aos pasantes seleccionados.
Para asegurar unha distribución equilibrada das pasantías entre os países membros, darase prioridade aos candidatos de Estados Membros que non estiveron representados nos últimos anos.
4. Rógase enviar a solicitude e a documentación de apoio á Secretaría da NAFO (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).

Pode atopar máis información na seguinte ligazón:
https://www.nafo.int/Portals/0/PDFs/Internship-Info.pdf