Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 13 Xaneiro 2020 08:39

CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE FORMACIÓN PARA O PROGRAMA DE TRABALLO DO CONSELLO GALEGO DE PERSOAS CONSUMIDORAS E USUARIAS

INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA
RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, mediante a tramitación anticipada de gasto, dunha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN118A).

Obxecto
Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo. Estas bolsas desenvolveranse dentro do programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, con suxeición ao programa de formación e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta bolsa de formación as persoas que estean en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao en dereito, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Dotación económica
A bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800,00 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900,00 € brutos por mes.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

BASES