Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 13 Xaneiro 2020 08:35

CONVOCATORIA BOLSA DE FORMACIÓN NA ESCOLA GALEGA DE CONSUMO

INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA
RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, mediante a tramitación anticipada de gasto, dunha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN117A).

Obxecto
Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación titorial de profesionais no campo da docencia e no seu ámbito. Estas bolsas desenvolveranse dentro do programa formativo establecido pola Escola Galega do Consumo e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta bolsa de formación as persoas que estean en posesión dalgunha das titulacións universitarias de licenciatura ou de grao: márketing e comunicación dixital, publicidade, xornalismo, comunicación, márketing, relacións e comunicación institucional ou equivalentes, sempre que cumpran os demais requisitos e as condicións establecidas nas bases reguladoras.

Dotación económica
A bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 € por mes.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

BASES