Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 13 Xaneiro 2020 08:28

CONVOCATORIA DE AXUDAS DESTINADAS AO ALUMNADO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA QUE POR CAUSAS SOBREVIDAS E IMPREVISTAS OCORRIDAS AO LONGO DO CURSO ACADÉMICO 2018/2019 TEÑA DIFICULTADES ECONÓMICAS PARA CONTINUAR OS ESTUDOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 22 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2019/20, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.

Persoas beneficiarias
O alumnado que curse estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2019/20, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
– Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida. Nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes será o 31 de xullo de 2020, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b) da orde.

BASES