Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 10 Xaneiro 2020 08:47

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL

Convocatoria de subvencións para o fomento do emprendemento en economía social

Obxecto:

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en réxime de concorrencia non competitiva, coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e proceder
á súa convocatoria para o ano 2020.
2. Establécense os seguintes programas de axudas:
a) Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G).
b) Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J).

Persoas e entidades beneficiarias:

1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as
condicións e os requisitos establecidos no correspondente programa de axudas:
a) As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.
b) As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para as actuacións previstas no
programa II.

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

LIGAZÓN: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200110/AnuncioG0424-161219-0012_gl.pdf