Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 07 Xaneiro 2020 08:35

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS PARADAS DE LONGA DURACIÓN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
ORDE do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR349R)

Obxecto
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2020, coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten persoas desempregadas de longa duración por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma
de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200107/AnuncioG0424-031219-0005_gl.pdf