Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 07 Xaneiro 2020 08:30

CONVOCATORIA DO PROGRAMA EMPREGA MULLER PARA A CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA E A FORMACIÓN DE MULLERES DESEMPREGADAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
ORDE do 20 de novembro de 2019 pola que que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR350A).

Coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras dos incentivos á súa contratación por conta allea, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á súa convocatoria para o 2020.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten mulleres desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo
cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención á contratación indefinida inicial, á contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses, á transformación de contratos temporais en indefinidos que deberán ser a tempo completo e, no caso de contratos indefinidos a tempo parcial, será subvencionable o incremento de xornada que deberá acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.

b) Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento da xornada e transformación de contratos temporais a indefinidos.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200107/AnuncioG0424-031219-0003_gl.pdf