Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 07 Xaneiro 2020 08:19

CONVOCATORIA DO PROGRAMA EMPREGA XUVENTUDE DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE PERSOAS MOZAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
ORDE do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR349T).

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2020, coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo
cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal, cunha duración mínima inicial de doce meses, das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.

b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200107/AnuncioG0424-021219-0001_gl.pdf