Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 09 Decembro 2019 12:57

CONVOCATORIA DAS BOLSAS SEPI- AIRBUS PARA ENXEÑEIROS/AS

Se acabas de terminar os teus estudos en Enxeñería Aeronáutica ou se aínda estás na universidade e queres iniciarte no mundo laboral a través dunhas prácticas profesionais ou unha bolsa de formación, non desaproveites a oportunidade que che ofrecen  Airbus e que acaban de publicar oportunidades de bolsas e prácticas.

Bolsas SEPI-Airbus Fin de Carrera

Este programa de bolsas que chega da man de Airbus en colaboración coa Fundación SEPI que ofrece a persoas mozas tituladas universitarias ou aquelas cun máximo de 30 créditos ECTS por aprobar, prácticas en centros de traballo de Airbus en España cunha duración máxima de 11 meses. A retribución durante este período de formación práctica será de 1.000 euros aproximadamente ao mes.

O programa diríxese a persoas  tituladas ou estudantes de Enxeñería, Empresa, Ciencias do Traballo, Matemáticas, Física ou Dereito.

Entre os requisitos que se esixe aos/ás candidatos/as figura que nacesen despois do 31 de decembro de 1990, que teñan un alto nivel de inglés, estean dispostas a fixar a súa residencia no lugar onde se lles adxudiquen as prácticas e non fosen beneficiarias ou renunciasen a unha bolsa SEPI.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 9 de xaneiro de 2020.

SOLICITUDE