Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 09 Decembro 2019 10:07

PROGRAMA "CREANDO MELLORA" DE BOLSAS PARA PROCESOS DE MELLORA EN COOPERATIVAS

Destinatarias desta convocatoria:

Persoas en desemprego, menores de 35 anos con formación empresarial.

As bolsas darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa durante 6 meses para apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora na organización.
Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa. Estes traballos fanse co apoio dunha persoa titora de EspazoCoop, e en cordinación coa cooperativa, dando soporte ás necesidades e demandas da empresa beneficiaria.
Prazo de solicitudes: 16 de decembro de 2019.
Localidades onde se ofertan as bolsas:
- Ourense
- Arteixo (A Coruña)
- A Coruña

Máis información e consultas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 986 866 149

LIGAZÓN: https://espazo.coop/wp-content/uploads/2019/12/Bases_CREANDO-MELLORA-PersoasDesemprego_2020.pdf?_mrMailingList=593&_mrSubscriber=3424