Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 09 Decembro 2019 08:28

AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA 15 BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN DIVERSAS ÁREAS PARA OS ANOS 2020 E 2021

Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2019 pola que se regulan as bases para a concesión de quince bolsas de formación práctica en diversas áreas para os anos 2020 e 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento TU981A).

Esta resolución ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria de quince (15) bolsas de formación práctica, en réxime de concorrencia competitiva, en áreas dependentes da Axencia Turismo de Galicia (procedemento TU981A), distribuídas da seguinte maneira:

Catorce (14) bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas en oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma: 1 bolsa na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos), 2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino), 1 bolsa na Oficina de Turismo do Aeroporto de Santiago de Compostela, 2 bolsas na Oficina de Turismo da Coruña, 2 bolsas na Oficina de Turismo de Pontevedra, 2 bolsas na Oficina de Turismo de Vigo, 2 bolsas na Oficina de Turismo de Lugo, 2 bolsas na Oficina de Turismo de Ourense.

Unha (1) bolsa de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística. O lugar de realización das prácticas tuteladas desta bolsa será na sede
da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia da Barcia (estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela).

O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2020 e 2021, coa seguinte duración:
Bolsas de formación práctica especializada en oficinas de turismo: duración máxima 5 meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira, que será, previsiblemente, o 1 de maio de 2020.

Bolsa de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación: duración máxima de doce (12) meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira que será, previsiblemente, o 1 de marzo de 2020.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191209/AnuncioG0256-281119-0003_gl.pdf