Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 25 Novembro 2019 12:40

AXUDAS, SUBVENCIÓNS E DEDUCIÓNS QUE PODES SOLICITAR SE ERES XOVE E EMPRENDEDOR/A

Preto dun 40% das persoas emprendedoras en España ten entre 25 e 34 anos segundo o Mapa do Emprendemento elaborado por South Summit. Emprender sendo mozo ten as súas vantaxes e o seu sentido se atendemos ás cifras de paro xuvenil. As diferentes administracións sábeno e por iso existen axudas específicas para estes perfís.

En poucas palabras, se es nova e estás a poñer en marcha a túa empresa ou proxecto, vas atopar subvencións, axudas e vantaxes fiscais que non deberías desaproveitar. Estas son as máis importantes a nivel estatal.

  • Capitalizar o paro

Capitalizar o paro refírese a usar a prestación por desemprego para emprender e crear a túa empresa. Para poder acceder ao pago único do paro é necesario que polo menos che resten tres meses por cobrar.

Ademais, debes comezar a túa actividade por conta propia como autónomo/a ou socio/a dunha Sociedade Limitada ou unha cooperativa nun prazo dun mes. A vantaxe desta fórmula é que o diñeiro que cobres estará 100% exento de tributar na renda.

Actualmente pódese mesmo compaxinar a cobranza do paro co emprendemento como persoa autónoma, pero só ata un máximo de 9 mensualidades ou 270 días. Pasado ese tempo deixarías de percibir a prestación por desemprego.

 

  • Tarifa plana e bonificacións para persoas autónomas novas

Emprender como autónomo/a e non creando a túa propia empresa desde o principio ten moitas vantaxes. A primeira ten que ver co custo inicial e favorece a opción do/a autónomo/a. Ademais, existen bonificacións e subvencións para pagar menos cota como persoa  traballadora por conta propia os primeiros meses e mesmo anos.

A tarifa plana para persoas autónomas permitirache pagar só 60 euros ao mes durante os primeiros 12 meses. Despois poderás gozar dunha redución do 50% durante os seguintes seis meses e do 30% durante os seis próximos. En total, a redución da cota alcanza os 24 meses.


Se es un home menor de 30 anos ou muller maior de 35 anos a axuda alóngase ata os 36 meses. É dicir, poderás gozar dunha redución do 30% na cota durante 12 meses máis.

 

  • Subvención polo establecemento como traballador por conta propia

Esta subvención está dotada con ata 10.000 euros para persoas desempregadas en xeral e mozas menores de 30 anos. Ese diñeiro destinarase exclusivamente a cubrir os gastos de iniciar a actividade e inclúe un requisito que non hai que perder de vista: é necesario manter a actividade polo menos durante 3 anos.

Esta subvención está acompañada por unha subvención financeira que inclúe a redución de ata 4 puntos do interese do préstamo do banco destinado a poñer en marcha o negocio por ata 10.000 euros.

Tamén se suma a subvención para asistencia técnica polos servizos externos para poñer en marcha a empresa e tamén para a formación en xestión empresarial e novas tecnoloxías. A subvención é do 75% do custo dos servizos ata un máximo de 2.000 euros para o primeiro e de 3.000 euros para o segundo.

 

  • Axuda Enisa para mozos emprendedores

Esta axuda para mozos e mozas emprendedores/as menores de 40 anos está máis enfocada en empresas que xa estean en marcha. E é que un dos requisitos é que a empresa estea constituída, aínda que non pode ter máis de dous anos de vida.

A contía da axuda é de entre 25.000 e 75.000 euros que se poden usar para adquirir activos fixos e circulante. O montante para cada empresa dependerá, entre outras cousas, dos fondos propios e a situación financeira da empresa.

 

  • Liñas ICO

O Instituto de Crédito Oficial ( ICO) é unha referencia no ámbito do financiamento a empresas e persoas autónomss. A liña ICO Empresas e Emprendedores/as está dotada en 2019 con ata 12,5 millóns de euros por cliente e estrutúrase ao redor de préstamos, liñas de crédito para financiar a actividade empresarial.

Son préstamos cun prazo de ata 20 anos e a posibilidade de incluír 3 anos de carencia.

Ademais destas axudas xerais, hai outras específicas para determinado tipo de empresas e emprendedores/as. Dous bos exemplos son o programa Neotec, do Centro de para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial ou o programa Innvierte, que apoian a creación de empresas de base tecnolóxica.

 

  • Dedución por investimento en empresas de nova creación

Máis destinada a Business Angels ou (investidores/as privados/as que impulsan proxectos na súa etapa inicial), este incentivo fiscal permite deducir un 20% das cantidades investidas en empresas de novas ou de recente creación sobre un máximo de 50.000 euros.

A maior pega é que non poderás posuír máis do 40% das accións e que deberás mantelas durante polo menos tres anos.

 

  • Subvencións e axudas autonómicas

Ás axudas estatais súmanse as autonómicas e locais. Practicamente todas as rexións apoian o emprendemento dos/as mozos/as de diferentes formas, desde axudas directas ata deducións na renda. 


Necesitas máis? A Dirección Xeral de Industria da Pequena e Mediana Empresa recolle na súa páxina web as axudas estatais, rexionais e locais segundo se van publicando. Tamén podes consultalas a través da súa guía dinámica de axudas e incentivos para empresas.