Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 25 Novembro 2019 10:32

AXENCIA ESPACIAL EUROPEA OFERTA 100 PRAZAS DIRIXIDAS A PERSOAS GRADUADAS EN ENXEÑEIRIA, CIENCIA, TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN, CIENCIAS NATURAIS E SOCIAIS E NEGOCIOS E ADMINISTRACIÓN

A Axencia Espacial Europea (ESA) é unha é unha organización internacional dedicada á exploración espacial que se puxo en marcha no ano 1975 e da que forman parte un total de 22 países.

Do mesmo xeito que o ano pasado, a ESA deu luz verde ao programa Young Graduate Trainee Oportunities no que se inclúen máis de cen vacantes de prácticas, destinadas a enxeñeiros/as e científicos/as e tamén a persoas graduadas en Tecnoloxía da Información, en Ciencias Naturais e Sociais e en negocios e administración que estean no seu último curso de máster ou que se teñan graduado recentemente.

Do mesmo xeito que na convocatoria anterior, estas prácticas teñen unha duración dun ano e brindan ás persoas bolseiras a oportunidade de obter unha valiosa experiencia no desenvolvemento e operación de misións espaciais.

Todas as prácticas están remuneradas cunha contía mensual neta de 2.300 euros e tamén se financian os gastos de viaxe de ida e volta de cada bolseiro/a desde o seu país de orixe ata o seu destino (París, Madrid, Reino Unido ou Alemaña).

O prazo de envío de solicitudes estará aberto ata o próximo 15 de decembro de 2019.

  • Unha plataforma de lanzamento profesional

Segundo recollen as bases desta convocatoria, a ESA busca a un total de 120 mentes brillantes, e ofrécelles unha plataforma de lanzamento para conseguir unha oportunidade laboral interesante no sector aeroespacial ou na industrial STEM.

As vacantes deste ano céntranse nos departamentos de desenvolvemento de estratexias, enxeñería de sistemas de seguridade, proxectos científicos, enxeñería óptica, e enxeñería de sistemas de control orbital, entre outros. Recompilamos algunhas das vacantes de prácticas que se publicaron recentemente:

  • Villanueva de la Cañada-Madrid

Na sede da ESA de Villanueva de la Cañada en Madrid hai cinco postos de prácticas dispoñibles. Un deles destinado a un/ha enxeñeiro/a de software, outro para un desarrollador de software, outro no departamento de operacións científicas, outro no departamento de análise espectral mellorado, e o último deles, no departamento de ciencias de datos.

  • París

Na sede principal da ESA en París, hai un total de sete vacantes de prácticas dispoñibles. Búscase a unha persoa bolseira para o departamento de desenvolvemento de estratexia corporativa, a outra para o departamento de Harmonización de Tecnoloxía de Transporte Espacial.

Tamén se busca a un/ha bolseiro/a para o departamento de transporte e tendencias comerciais, así como a un/ha mozo/a aprendiz graduado/a en sistemas de lanzamento de fiabilidade dentro do departamento de Dirección de Transporte Espacial.

  • Reino Unido

Outra das sedes da ESA está situada en Harwell (Reino Unido) e desde alí búscanse catro perfiles diferentes para este programa de prácticas: a un/ha bolseiro/a para o departamento de Dimensionamiento e análise de satélites de telecomunicacións, a un/ha analista de datos socioeconómico, a un/ha graduado/a para o apoio de certificación de saúde, seguridade e medio ambiente, e tamén a un/a graduado/a para o departamento de aplicacións comerciais e solucións espaciais.

SOLICITUDE