Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 25 Novembro 2019 10:22

FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE CONVOCA 18 BOLSAS DE FORMACIÓN NO EIDO DO MEDIO AMBIENTE

A Fundación Biodiversidade convoca 18 bolsas para estudar durante un ano materias relacionadas co Medio Ambiente, a sustentabilidade e biodiversidade.

Os estudos relacionados co medio ambiente, a sustentabilidade e a biodiversidade non só están de moda, senón que hoxe en día son máis necesarios que nunca. Tendo en conta esta premisa, a Fundación Biodiversidade convocou 18 bolsas para persoas con estudos universitarios, de FP ou certificado de profesionalidade que queiran cursar durante un ano unha formación relacionada coas competencias da Fundación.

As áreas de coñecemento ás que poderá optarse son:

  • proxectos e convocatorias propias;
  • pesca e acuicultura sustentables;
  • proxectos europeos e LIFE;
  • Programa Empleaverde;
  • Comunicación, Relacións Institucionais e Social Media;
  • Asesoría Xurídica e Servizos Xerais;
  • Área Económica e de Capital Humano;
  • e Secretaría Xeral.

A dotación máxima das axudas será de ata 7.200 euros ou 10.080 euros, que se abonarán mediante cotas mensuais de 600 ou 840 euros dependendo da modalidade seleccionada.

Como requisitos para optar a unha bolsa a persoa candidata debe ter nacionalidade española, ser dalgún Estado membro da UE ou estranxeira residente en España, e finalizar os seus estudos universitarios ou de FP profesional nas especialidades requiridas para cada bolsa nos tres anos anteriores.

As persoas interesadas deben achegar fotocopia do expediente académico no que conste a nota media e a acreditación da finalización dos estudos requiridos, así como currículo e fotocopia dos méritos alegados. A data límite para a presentación de solicitudes é o 13 de decembro.

A selección constará de dúas fases eliminatorias. Unha primeira de avaliación da documentación achegada e unha segunda que consistirá nunha entrevista persoal que se realizará aos/ás dez candidatos/as que superasen a primeira fase e obteñan mellor puntuación nos criterios de avaliación.

Na entrevista valorarase a capacidade de comunicación e resolutiva da persoa, as habilidades de interrelación, a claridade de expresión e os seus coñecementos específicos, así como os coñecementos de idiomas e informática. Así mesmo, terase en conta a formación de posgrao relacionado co obxecto da convocatoria e cursos e titulacións distintos da titulación específica e relacionados coa área de coñecemento para a que se solicita a bolsa.

SOLICITUDE