Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 25 Novembro 2019 10:16

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA ESTUDAR UN MASTER ERASMUS MUNDUS NA UNIVERSIDADE DE GLASGOW

As bolsas da Universidade de  Glasgow van destinadas a estudantes de calquera país do mundo, e cobren tanto as taxas de matrícula así como unha asignación mensual de 1.000 euros para cubrir os custos de vida durante os meses que dura o programa de máster. 

A Universidade de Glasgow é a cuarta universidade de fala inglesa máis antiga do mundo e tamén una das catro universidades antigas de Escocia, o que a converten nunha das institucións universitarias máis prestixiosas de todo o Reino Unido.

Nesta ocasión, a Universidade de Glasgow deu luz verde a un programa de bolsas para estudar o máster Erasmus Mundus EUROSUD durante o próximo curso 2020/2021. Trátase dun programa de estudos en Estudos do Sur de Europa ( EUROSUD) orientado a estudantes que desexan adquirir unha sólida base en asuntos internacionais.

A bolsa Erasmus Mundus inclúe unha contribución aos custos de participación do estudante no programa de estudos (incluídas as taxas de matrícula, a cobertura total do seguro e calquera outro custo obrigatorio relacionado coa participación do estudante no programa estudos).

Así como unha contribución aos gastos de viaxe de cada estudante que oscilará entre 1.000 e 3.000 euros, dependendo do seu país de orixe. Ademais, as bases desta convocatoria tamén contemplan unha asignación mensual de 1.000 euros ao mes para que cada estudante poida custearse os seus gastos de vida en Escocia durante un período máximo de 24 meses, que é o período de tempo que dura este programa de estudos.

INFORMACIÓN COMPLETA E FORMA DE INSCRICIÓN