Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 22 Novembro 2019 09:47

TRANSFERENCIA DE TECNOLOXÍA UNIVERSIDADE-EMPRESA: PRESENTACIÓN DO PROXECTO SPIN_UP

Estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía entre as universidades e o tecido empresarial e fomentar a colaboración entre o mundo empresarial, o universitario e a Administración na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal son os principais obxectivos do Proxecto europeo Spin_Up, liderado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e impulsado, ademais, pola Xunta, a través do Igape, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Asociación Área Empresarial do Tambre, a Universidade do Porto e ANJE (Asociación Nacional de Jóvenes Empresarios).

Para dar a coñecer este proxecto, o vindeiro luns 25 de novembro a partir das 10 horas celebrarase unha xornada de presentación en Santiago de Compostela, no salón de actos do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, CIMUS (avenida Barcelona, 31) .

A previsión é que esta iniciativa poida ofrecer apoio a 40 proxectos, se creen 20 empresas spin off ou start up e se xeren 40 postos de traballo de calidade.

PROGRAMA E INSCRICIÓN