Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 19 Novembro 2019 10:50

PARLAMENTO EUROPEO CONVOCA AS BOLSAS ROBERT SCHUMAN

As bolsas Robert Schuman pódense solicitar durante todo o mes de novembro para as prácticas que levarán a cabo entre marzo e xullo de 2020. Cada persoa candidata poderá solicitar ata tres dos 411 postos ofertados.

O Parlamento Europeo volve un ano máis a dar a benvida ás bolsas de prácticas Robert Schuman. Nesta ocasión, ábrese o prazo de solicitude para os períodos de prácticas que terán lugar entre os meses de marzo e xullo do próximo ano 2020.

A través da web de prácticas do Parlamento Europeo, pódese acceder aos 411 postos de prácticas destinados a titulados/as universitarios/as procedentes de distintos países da UE, co obxectivo de que poidan complementar os coñecementos que adquiriron durante a súa formación académica.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, esta experiencia práctica ten unha duración de cinco meses (do 1 de marzo ao 31 de xullo de 2020), e ofrece a posibilidade ás persoas candidatas que resultan seleccionadas de coñecer a fondo o traballo que se desempeña na Eurocámara día tras día.

Entre os requisitos necesarios para poder acceder a este programa de prácticas, destacan: ter a maioría de idade, estar en posesión dun título universitario, cumprir os requisitos lingüísticos que se establecen para traballar no Parlamento Europeo, e non ter traballado durante máis de dous meses consecutivos nunha institución europea.

Ademais, segundo recollen as bases desta convocatoria, tampouco se admiten persoas candidatas que efectuasen unha visita de estudos ou para investigacións específicas ao Parlamento Europeo, menos de seis meses antes do inicio do período de prácticas.

Nesta ocasión, os postos de prácticas van dirixidos a persoas tituladas universitarias con diferentes perfís profesionais:

  • xornalistas,
  • tradutores/as,
  • avogados/as,
  • economistas
  • ou expertos en novas tecnoloxías, son algunhas das vacantes dispoñibles para esta nova convocatoria das bolsas Robert Schuman.

Segundo recollen as bases desta convocatoria, cada bolseiro/a recibirá unha asignación mensual en función do país de destino ao que teña que viaxar, máis unha cantidade de 250 euros para que poida custearse os seus gastos de viaxe ata o país de destino.

Os/as interesados/as en participar nesta edición teñen ata o próximo 30 de novembro de 2019 para aplicar ata a tres das vacantes dispoñibles. Para iso, deben acceder ao portal de prácticas do Parlamento Europeo; seleccionar a oferta ou ofertas á que queren aplicar; abrirse unha conta de usuario neste portal, e enviar un CV e unha carta de motivación por cada oferta á que apliquen.