Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 19 Novembro 2019 09:42

PROGRAMA ACTIVA CIBERSEGURIDADE: ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A Secretaría Xeral de Industria e da Peme, dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, vén de activar o Programa Piloto de Innovación en Ciberseguridade da Peme co obxectivo de que pequenas e medianas empresas poidan medir o seu nivel actual de protección da información dixital e establecer o grao que deben conseguir para protexer os sistemas e a información corporativos.

O prazo de presentación de solicitudes para participar nesta iniciativa gratuíta permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de novembro.

O programa, que forma parte da Estratexia de Industria Conectada 4.0, consta de catro actuacións complementarias:

  • Recollida de información da empresa e o seu sector e análise da situación actual en materia de ciberseguridade para detectar as necesidades e posibilidades de mellora
  • Análise de cumprimento e auditoría de ciberseguridade
  • Implantación dun plan de ciberseguridade na empresa
  • Seguimento das medidas implantadas e valoración doutras iniciativas

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN