Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 14 Novembro 2019 08:18

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE EMPRESAS TIC DESTINADAS A ALBERGAR PERSOAS BOLSEIRAS DO PROGRAMA DE BOLSAS DIGITALENT

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2019 pola que se regula a convocatoria e a selección de empresas TIC destinadas a albergar persoas bolseiras do programa de bolsas DigiTalent, no marco do Plan DigiTalent, para a realización de prácticas formativas.

Esta resolución ten por obxecto regular a convocatoria e a selección, en réxime de concorrencia competitiva, de empresas TIC destinadas a albergar as persoas bolseiras do programa de Bolsas DigiTalent, no marco do Plan DigiTalent, para a realización de prácticas formativas.

Estas prácticas formativas están orientadas a estudantes universitarios/as que teñan máis do 75 % e menos do 100 % de créditos aprobados. As persoas bolseiras contarán durante un período de 3 meses co asesoramento, orientación e dirección das persoas responsables das empresas TIC que se determinen e que definirán as tarefas que se vaian realizar conforme o correspondente plan de formación.

Poderán participar como empresas albergadoras de persoas bolseiras todas as empresas TIC que cumpran os seguintes requisitos:
Personalidade xurídica:
As empresas terán que ter personalidade xurídica baixo a forma de entidades mercantís, ben sexan sociedades anónimas ou sociedades limitadas, ou sociedades cooperativas, con algún centro de traballo en Galicia.
Solvencia técnica:
1. Experiencia mínima de 2 anos en proxectos relacionados con tendencias tecnolóxicas emerxentes tales como big data, tecnoloxías móbiles, deseño de servizos e aplicacións cloud, ciberseguridade, IoT, blockchain, realidade aumentada, intelixencia artificial, economía colaborativa ou wearables, entre outras.
2. Contar cunha páxina web ou con canles con funcións equivalentes en redes sociais onde se recollan os principais produtos, servizos, desenvolvementos, traballos e/ou proxectos da empresa.
3. Identificar a través da internet de que a empresa cumpre coa normativa legal en materia de protección de datos de carácter persoal e tamén que conta cun delegado de protección de datos, así como que está habilitada unha canle para contactar co dito delegado.
Solvencia económica:
1. Contar cun mínimo de 3 empregados UTA (unidades de traballo-ano).
2. Ter unha facturación mínima de 200.000 € o ano anterior da convocatoria.
3. Cumprir coas condicións do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras será ata o 20 de novembro de 2019, incluído.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191114/AnuncioG0177-061119-0001_gl.pdf