Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

NOITE MEIGA NA ESTRADA: VENRES 29 DE NOVEMBRO

A Asociación de Comerciantes da Estrada ( ACOE) organiza a súa campaña de Nadal que empezará coa tradicional Noite Meiga. Unha xornada na que moitas persoas aproveitarán para facer as compras e preparar xa os agasallos e que traerá importantes descontos en numerosos establecementos. Sorteos, xogos e chocolate quente compaxinado cunha tarde de compras conformarán un día completo na localidade estradense o venres 29.

Os actos empezarán co sorteo, entre os billetes dos compras, de dous premios de 100 euros o día 15, para participar pódense acumular os billetes do sorteo desde o día oito ata esa data. O seguinte será o 22, cos mesmos premios e a mesma estratexia para poder participar. Para a Noite Meiga do día 29, o colectivo preparou un sorteo máis grande con tres premios de 200 euros cada un. Son un total de 1.000 euros que se sortearán entre todas as persoas que merquen nos locais que forman parte da Asociación, ademais que os billetes son acumulables, se non saen gañadores/as no primeiro sorteo, incluiranse entre os billetes que participen no sorteo máis grande. 

O venres 29, nos comercios repartiranse vales para conseguir un chocolate quente e para entrar á zona de xogos tradicionais. Para levar estas actividades a cabo pecharanse as rúas Ulla, Calvo Sotelo e Xusto Martínez e así poder distribuír todos sen que haxa vehículos polo medio. En caso de mal tempo, tratarán de levar as actividades nun sitio pechado, están pendentes de confirmar se dispoñen da Sala Abanca, senón será nun espazo situado por esa mesma zona, segundo explicaron os encargados da organización. Os locais asociados repartirán os billetes que ofrecen a posibilidade de ter unha cunca de chocolate quente, que se recollerá nun debido a que estará na rúa, e outro por unha hora na zona de xogos tradicionais, que estará aberto a todas as idades. Ademais, a mascota da Asociación de Comerciantes estará a percorrer as rúas para repartir globos, publicidade do evento, caramelos e animar a tarde.

Os locais asociados terán distintivos, un adhesivo co logo que representa a Noite Meiga, colocados nas portas ou escaparates. O colectivo irá publicando este mes nas súas redes sociais "as tendas que terán uns descontos máis exclusivos, propios desta xornada, para que todo o mundo estea decatado e poida consultar o que desexe.",

 http://acoe.es/

!! FAI REXURDIR O TEU POBO, MERCA NO COMERCIO LOCAL!!!