Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

XIII SEMINARIO SOBRE DISCAPACIDADE INTELECTUAL E SAÚDE MENTAL

A Facultade de Psicoloxía de Santiago acollerá unha nova edición do "Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental", organizado por FADEMGA Plena inclusión Galicia, coa colaboración do Grupo de Traballo de Trastornos Mentais e/ou alteracións de conduta.

Trátase dun Seminario, declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade, que centrará a atención novamente nas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con grandes necesidades de apoio que presentan alteracións da saúde mental asociadas.

O prazo para realizar a vosa inscrición estará aberto ata o vindeiro 18 de novembro (cota bonificada). O prazo para a cota sen bonificar será do 19 ao 22 de novembro.

Podedes descarga a inscrición e programa da xornada na páxina web de FADEMGA:enlace