Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 25 Outubro 2019 07:29

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN PEMES E GRANDES EMPRESAS DO SECTOR INDUSTRIAL

A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2019-2020 para a concesión de axudas do Programa estatal para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial.

Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:

Medida 1: mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais.

Medida 2: implantación de sistemas de xestión enerxética.

  • Proxectos que se subvencionan e investimento subvencionable

1. Poderán obter dereito a subvención aquelas actuacións que cumpran o establecido no anexo IV do Real decreto 263/2019, do 12 de abril, e se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto no artigo 21 desta convocatoria non podendo a execución das actuacións en ningún caso exceder o 31 de decembro de 2023.

Enténdese por inicio dos traballos, conforme a definición recollida no artigo 2 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, ou ben o inicio dos traballos de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido de equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior. A merca de terreos e os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade non se consideran inicio dos traballos.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 100.000 euros por actuación para a medida 1, Mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais, e de 50.000 euros por actuación no caso da medida 2, Implantación de sistemas de xestión enerxética. En ambos os casos IVE non incluído.

Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude recollerá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións homoxéneas executadas nun mesmo emprazamento e que se valorarán de xeito conxunto.

Considéranse actuacións homoxéneas que deben recollerse nunha única solicitude: todas as actuacións de iluminación que se realicen no centro de traballo e a renovación de varios equipos para o mesmo fin. Por exemplo, a instalación de dúas caldeiras para proceso aínda que estas non sexan iguais (ademais debe incluírse no mesmo proxecto calquera actuación relacionada que se efectúe na sala de caldeiras como pode ser a instalación dun economizador ou tanque de revaporizado).

Consideranse actuacións non homoxéneas e que polo tanto deben cursarse en solicitudes independentes a combinación de proxectos independentes, por exemplo, a mellora dos equipamentos de iluminación, a renovación das caldeiras, a instalación de variadores de frecuencia en motores, etc.

5. Serán elixibles os custos de ivestimento adicionais necesarios para acadar un nivel máis elevado de eficiencia enerxética.

a) O investimento elixible determinarase conforme a definición indicada no anexo IV do Real decreto 263/2019, do 12 de abril. Neste sentido, seguindo indicacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), organismo competente para realizar a coordinación e seguimento do Programa conforme o establecido no artigo 9.1 do Real decreto 263/2019, o cálculo do investimento elixible farase en dous pasos, no primeiro considerará todo o investimento relacionado directamente co aforro e eficiencia enerxética e utilizarase como base para o cálculo do custo elixible, e no segundo paso, se procede, limitarase o investimento elixible calculado inicialmente tendo en conta o custo elixible máximo asociado á obra civil.

b) O custo subvencionable determinarase conforme a definición recollida no artigo 38 do Regulamento 651/2014, do seguinte xeito:

1º. Cando os custos do investimento en eficiencia enerxética poidan identificarse nos custos totais do investimento como investimento separado, estes custos relacionados coa eficiencia enerxética serán subvencionables.
2º. En todos os demais casos, os custos do investimento en eficiencia enerxética determinaranse por referencia a un investimento similar, que implique menor eficiencia enerxética, que se podería realizar de xeito crible sen a axuda. A diferenza entre o custo de ambos os investimentos determinará o custo relacionado coa eficiencia enerxética e será o custo subvencionable.
Os custos dos proxectos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética non serán subvencionables.

  • A quen vai dirixido?

1. Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 2.2 das bases reguladoras que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia. En concreto os seguintes:

a) Empresas que teñan a consideración de peme ou grande empresa do sector industrial, cuxo CNAE 2009 comece pola división da 07 a 39, excluídas as que comecen pola división 12 e 34, sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As empresas de servizos enerxéticos entendendo como tal a definición máis ampla posible das organizacións que acheguen este tipo de servizos. Para poder ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha das empresas que se indican na letra a), repercutindo, en todo caso, a axuda prevista neste programa á empresa onde se execute o proxecto.

2. Non serán beneficiarios destas axudas:

a) Empresas en crise segundo a definición do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

b) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que tivese declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Prazo: 31 de decembro de 2019

Toda a información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN421V&ano=2019&numpub=1&lang=gl