Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 23 Outubro 2019 08:05

CONVOCATORIA DE 10 BOLSAS FULBRIGHT DE INVESTIGACIÓN PREDOUTORAL EN EEUU

Nesta ocasión, convocáronse un total de 10 bolsas, das cales, 5 están designadas como bolsas de carácter xeral, e as outras 5 son bolsas específicas para doctorandos de universidades andaluzas.

Do mesmo xeito que en anteriores edicións, estas bolsas van destinadas a estudantes de doutoramento de calquera área do coñecemento, e concédense por un período de entre seis e ata doce meses, segundo recollen as bases desta convocatoria.

Estas axudas diríxense especificamente a persoas  tituladas superiores españolas que estean a realizar o doutoramento en España, e que estean interesadas en levar a cabo proxectos de investigación predoctoral en Estados Unidos

Con todo, para poder concorrer a esta convocatoria, é imprescindible que os/as candidatos/as dispoñan dunha carta de invitación dunha institución universitaria estadounidense no momento de formalizar o proceso de solicitude.

  • Que cobren as bolsas Fulbright?

As bolsas cobren os gastos de viaxe e de primeira instalación, entre 2.300 e 2.600 dólares (2.369 euros), así como unha asignación mensual que pode oscilar entre os 1.400 e os 2.760 dólares (1.276 a 2.515 euros).

Cada persoa bolseira recibirá tamén ata 4.000 dólares (3.646 euros) para sufragar os gastos de proxecto, e o pago das taxas obrigatorias na universidade de destino, cunha contía de ata 5.000 dólares (4.557 euros).

  • Como solicitar as bolsas Fulbright?

Para poder optar a unha destas axudas é necesario cumprir unha serie de requisitos, como ter a nacionalidade española e estar matriculado/a nun programa de Doutoramento nunha universidade española durante este curso.

Tamén é necesario completar o primeiro curso do doutoramento, ter aprobado o plan de investigación, e contar cunha avaliación positiva por parte do profesorado que dirixe a tese doutoral.

No plano idiomático, esíxese a todas as persoas candidatas que teñan un excelente coñecemento do idioma inglés (falado e escrito), que deberán demostrar a través do TOEFL Internet Based Test ou do IELTS Academic Version.

Se cumpren todos estes requisitos, os/as candidatos/as interesados/as poderán enviar a súa solicitude xunto a unha fotocopia do seu DNI, unha copia do expediente académico, un documento acreditativo da matrícula do doutoramento, a carta de invitación da institución estadounidense, entre outros documentos requiridos, a través do sistema de solicitude electrónica da Comisión Fullbright España.

O prazo de recepción de candidaturas para esta bolsas finalizará o próximo 19 de decembro.

INSCRICIÓN