Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 18 Outubro 2019 09:36

PROGRAMA DA FUNDACIÓN JUANA DE VEGA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS

A Fundación Juana de Vega lanza unha nova edición do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias.

A Fundación convoca a VIII edición do PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS: programa de apoio a empresas e emprendedores dos sectores agroalimentario, forestal, pesqueiro e marisqueiro, así como proxectos e servizos noutros campos relacionados co anterior, que contribúan ao desenvolvemento do medio rural de Galicia. O PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS ten tres modalidades diferentes, cos obxectivos indicados para cada unha delas: EMPRENDEMENTO, CONSOLIDACIÓN E CRECEMENTO.

Ligazón: https://programadeapoyo.juanadevega.org/gl/